La set – Jo Nesbo
Gallego , Novela , Policíaco/ 11 octubre 2017

Aquest nou i addictiu volum reprèn els fets a partir de Policia, la darrera entrega de Harry Hole, uns anys més tard. En Harry segueix fent de professor a l’escola de policia, i tot d’una s’assabenta que en Valentin torna a passejar-se lliurement pels carrers d’Oslo. Per acabar-ho d’adobar, en Truls Bernsten, el seu enemic del cos, comença a treballar a Homicidis, sota les ordres de la Katrine Bratt. L’assassí contacta amb les seves víctimes a través de Tinder i, tot d’una, en Harry s’adonarà que potser no és en Valentin l’assassí, i que algú altre, encara més perillós, està jugant amb la policia noruega…

Os outros feirantes – Álvaro Cunqueiro
Gallego , Otros , Relato/ 5 octubre 2017

Retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras, Os outros feirantes é un libro escrito con maxia verbal e, ao tempo, con autenticidade. No fondo destas páxinas latexa o pálpito vivo dunha Galicia chea de humor e enxeño. Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou mesmo tirada da realidade do país, ou ambas as cousas á vez.

Made in Galiza – Séchu Sende
Gallego , Otros , Relato/ 25 septiembre 2017

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende (Padrón, 1972) volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras. Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.

O divino sainete – Manuel Curros Enríquez
Gallego , Otros , Poesía/ 18 septiembre 2017

Publicado en 1888, O divino sainete é un poema satírico de tipo caricaturesco que narra a peregrinación de Curros Enríquez a Roma, guiado por Añón (que se presenta como capitán da Santa Compaña galega) con motivo do ano xubilar celebrado polo pontífice León XIII. Mediante a deformación da Divina Comedia de Dante, Manuel Curros Enríquez utiliza esa obra como modelo para caricaturizar o mundo clerical da época e certas institucións e personaxes do mundo político e cultural galego. Trátase dunha obra de grande vigor expresivo e forte sentido narrativo. Tremendamente polémica no seu tempo, foi unha das obras galegas máis lidas e editadas.

Longa noite de pedra – Celso Emilio Ferreiro
Gallego , Otros , Poesía/ 14 septiembre 2017

Este libro de poemas é exemplo da poesía social imperante na época, en tódalas líricas peninsulares. A miseria das clases traballadoras, a emigración, a opresión política, a ansia de liberdade e o antibelicismo maniféstanse a través dunha linguaxe clara e directa, rica en imaxes e símbolos e con recursos que rompen coa linguaxe poética tradicional.

Os biosbardos – Eduardo Blanco Amor
Gallego , Otros , Relato/ 7 septiembre 2017

Oito contos sinceros e intensos coa infancia como protagonista. Os biosbardos é un conxunto de “contos para a xente”, postos todos en boca de oito rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil. Estes relatos pertencen, sen dúbida, ao núcleo das mellores páxinas que nos deixou este mestre da moderna narrativa galega. Son, quizais, as máis sinceras e menos académicas de cantas escribiu. Nelas brillan con luz propia as mellores virtudes do seu autor, sen interferencias de ningún tipo. El mesmo o recoñecía así.

A esmorga – Eduardo Blanco Amor
Español , Gallego , Novela , Otros/ 7 septiembre 2017

A fuxida do Bocas pola Auria mais marxinal na novela que cambiou a narrativa galega. A esmorga e a obra mais popular e lida de Eduardo Blanco Amor. Tivo que publicarse por vez primeira en Bos Aires ante a negativa da censura franquista a permitir que circulasen libremente as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Bocas eo Milhomes nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia o seu Ourense natal. A esmorga e unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor. A súa sorprendente potencia lingüística ponse neste relato ao servizo da narracion duns feitos que desembocan en traxedia e que metaforizan un mundo sórdido e miserento do que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo dunha vida fermosa e mellor.

Cargando…